Tuesday 30 de April de 2024

Rivas visita o Campo Os Pinares de Brexo-lema


O alcalde aproveitou para felicitar o labor desenvolvido polo club ao longo de moitos anos en materia de formación deportiva

O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, visitou a semana pasada o campo de fútbol Os Pinares de Lema xunto coa directiva do equipo de fútbol do Brexo-Lema. Os responsables do equipo falaron co alcalde do compromiso polo que se acordou o pasado ano a reforma do terreo de xogo de céspede natural. O alcalde anuncioulles que se previu unha partida nos presupostos municipais que se debaterán o próximo luns para a reforma do terreo de xogo, xa que hai meses o pleno da Corporación aprobou por unanimidade a adquisición por parte doConcello do campo de fútbol Os Pinares. A asemblea do club ratificou o convenio, polo que o Concello debe instalar céspede artificial antes de 2016. A partida consignada ascenda a máis de 350.000 euros. O alcalde aproveitou para felicitar o labordesarollada polo club ao longo de moitos anos en materia de formación deportiva. “Este club traballa con moitos pequenos cambreses fundamentalmente na iniciación ao deporte e é digo gabar a traxectoria deste club e dos seus responsables. Espero que pronto poidan contar cunhas instalacións como as que se merecen”, apuntou Rivas.